segunda-feira, novembro 21, 2005

LOVE IS IN THE AIR


Volvinte ver, e pensei que xa non sentiría nada por ti... Mais ennobelouse algo no meu corazón... E atopeime tan ben á túa beira...
Cando o espazo é unha fina columna de fume, e existe suavidade... Cando, aínda que o neguemos, a verdade agroma nas nosas faces, nos sorrisos, nos ollos que faíscan...
Porque para falar non é preciso rozar o cabelo coa tenrura, e adormece o espazo fóra de onde nós estamos...
Existirá atracción tan forte como a que nos une (rafia fermosísima)?
Ás veces o orgullo é destrución da felicidade...

12 Comments:

Anonymous Anónimo said...

O orgullo é a destrución da felicidade? Non che estou tan seguro.

10:50 p.m.  
Blogger Laurindinha said...

Hai casos e casos...
Non falo de dignidade, falo de orgullo estúpido e suicida...

11:29 p.m.  
Blogger Laurindinha said...

Tes moita razón no que dis, Flor de Lis... Neste caso non falo de fachenda (que hai moitas historias con ela) nin de fume ou covardía, simplemente de orgullo, un orgullo suicida...Cando non se sabe perdoar cousas que nin sequera hai que perdoar, aínda que sexan cousas que nos doen, destruímos a nosa propia felicidade...

3:39 p.m.  
Anonymous Anónimo said...

orgullo e felicidade dificilmente poden aparecer na mesma frase, non lle parece?

10:30 p.m.  
Blogger Laurindinha said...

Tes razón, son dous antónimos absolutos...

10:35 p.m.  
Blogger Tongzhi said...

Penso que te referes a uma pessoa "teimosamente" orgulhosa...

1:50 a.m.  
Blogger Laurindinha said...

Sim,"teimosamente" orgullosa, ata o punto de admitir que é o seu problema...

11:30 a.m.  
Anonymous Anónimo said...

estou eu errado ou isto último comeza a parecer unha ecuación. meu sehor tong-zhi, que pode dizer respeito?

3:46 p.m.  
Blogger bueno said...

que tal ser feliz em ser orgulhoso e ter orgulho de ser feliz? quando uma relação não dá certo, era porque não tinha que ser, e danado seja aquele que pensa que a felicidade paira por esses lados, mesmo que seja, para aqueles que sofrem, difícil de entender. nosso destino é mesmo esse que vivemos, afinal só nós mesmos temos o poder de influenciá-lo. Adorei a foto e achei muito curioso o fato de um amigo ter mandado a mesma foto dizendo que o sujeito do meio (crooner?) lembrava-o de mim.

7:57 p.m.  
Blogger Laurindinha said...

O problema é cando es orgulloso e infeliz...
É toda unha sorte parecerse ó cantante dos The Hives!!

10:34 p.m.  
Blogger bueno said...

Hey, quando era mais jovem, é claro!

7:13 p.m.  
Blogger Laurindinha said...

Sexa cando for, parecerse ó cantante dos The Hives é todo un luxo...

11:26 p.m.  

Enviar um comentário

<< Home