sexta-feira, novembro 10, 2006

ESPIRAIS, ESPIRAIS

Sería como vivir sen poesía, sen montañas de vexetais, sen as hedras e os xuncos, sen o recendo da terra, sen as follas caendo sobre as pozas, sen manancial, sen humidade, sen chuvia...

10 Comments:

Blogger Moralla said...

Ahhhh!!! Segues na espiral espiralia Noveau de Gustav Klimt...porque é difícil saír do seu máxico universo, entre mulleres fatais e inocencias espidas, ouro e mar, cabelos enguedellados na beleza portentosa de óleas magníficos.
Un biquiño laurindinha
;-)

12:38 p.m.  
Anonymous Anónimo said...

Sería terrorífico!!.

Unha aperta grande.
:)

6:54 p.m.  
Anonymous Anónimo said...

...sen palavras, sen voces? seria o vacio, e en calquer caso, a morte lenta.

10:38 a.m.  
Blogger Moralla said...

Grazas pot pasar polas miñas terras novamente, xa te botaba en falta, ruliña!! tes que pasar por Compostela!! E eu por Bueu, é unha vila con moitísmo encanto.
Aperta entre néboa
Y ;-)

9:51 a.m.  
Blogger Veloso said...

Teño pendente unha visita a Bueu para dentro duns meses. Espero que teñamos ocasión de saudarnos. De momento, vivamos na espiral da néboa.

12:11 p.m.  
Blogger Úrsula said...

E como poderiamos viver sem todo isso?

12:40 a.m.  
Blogger FraVernero said...

A curva é feminina, dende logo... Os malevos que insisten nos horrores da razón instrumental apuntarían ao caracter patriarcal, dogmático, inflexíbel, racionalista (incluso fálico) das liñas rectas que só se cruzan no infinito...
Kandinsky tamén tería cousas que dicir, máis xa que escollichedes a Klimt e á Deusa Razón -non paseada por Notre Dame mais sí pola vosa bitácora-, quedemos cos seus dorados de icono...

8:21 p.m.  
Blogger torredebabel said...

será vivir sen a vida, que xa non sería vivir.

1:27 a.m.  
Blogger fucafuca said...

viver sem a vida de seguro que sería viver "quase" sem nada.

Vaites vaites: o maigo FRA; que anda por todos os blogues agás por onde debe...

Umha forte aperta

5:17 p.m.  
Blogger Laurindinha said...

Grazas a todos por uns comentarios tan fermosos...
Por certo, Fra Vernero, iso de que a curva sexa feminina e a recta masculina xa non o teño eu tan claro... pero quizais sexa un síntoma de que se está debilitando a ditadura patriarcal...
Veloso, estarei atenta para cando veñas buscar a Bueu ese premio... (non me equivoco, non?)
Saúdos para todos!

3:59 p.m.  

Enviar um comentário

<< Home