terça-feira, julho 19, 2005

ALAN STIVELL


Despois da incertidume..., renazo das cinzas botando man da lenda bretona -Alan Stivell-. Ben puidera estar soando no día da Patria do 87, na cidade de pedra, na Quintana ou na Carballeira... Gorros de palla, carracas, galos peteirando madeira... A aldea encantada con parque de ferro, de tobogáns perigosos e randeeiras veloces... Embadurnamos a cara con pinturas, fomos compañeiras dos cabezudos xigantes, cantamos (a marmelada está metida no baúl), comemos biscoito caseiro, chegou a min Como desapareceu a Atlántida e apareceron os lagartos (con casete de regalo), vivo Manuel María na aldea de San Lourenzo... E vimos galicreques, e xogamos con Iago e con Rosiña (viñan de moi lonxe), e voltamos na noite cansa pola estrada vella, durmindo o sono pesado do día sempre eterno...

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

bajaros tri martolod

2:38 da manhã  
Blogger Laurindinha said...

Moi boa suxerencia... Realmente emocionante...

1:39 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home