FEDERICO RIBAS EN BUEU
Federico Ribas pasaba os seus veráns en Bueu nos anos 30. Daquela reuníanse na vila varios intelectuais: Rómulo Gallegos (autor de Doña Bárbara e exiliado naquel entón de Venezuela), Maruxa Mallo, Castelao e Johan Carballeira, destacado xornalista, poeta e alcalde da vila no 36 polo PG.
Federico Ribas alugou varios veráns unha casa con bufardas fronte ao mar no centro de Bueu (as nosas gatas pasean polos seus tellados) e finalmente mercou unha vivenda en Beluso.
O golpe de estado do 36 sorprendeuno en Bueu (xullo nesta vila é calidez oceánica). Logrou fuxir a Buenos Aires; o seu amigo Johan Carballeira non tivo a mesma sorte.
2 Comments:
Tanto esquecemento despreocupado non pode ser bo. Tanto traballo feito e tanta vida sacrificada.
É certo. É terrible canta historia aínda está soterrada... Pensar que un período tan froitífero e interesante como os anos 20 e 30 galegos está ateigado de lagoas... E pensar que era un tempo de esperanza...
Por certo, tentei entrar no teu blog pero parece que non quere ir. Tentareino máis tarde.
Enviar um comentário
<< Home