Sempre pensei que os amores nacían como torrentes, fervenzas tremendas, paixóns súbitas... Mais decateime de que ás veces agroman paseniñamente, coa tenrura que se vai aniñando no corazón, caladamente, sen ruído, coa delicadeza do esvoazar dunha bolboreta desnortada.
4 Comments:
as imaxes que escolle(n) para os seus posts son fermosísimas. non sei como o consegue(n).
Imos de compras polo supermercado de Google.
A verdade é que sempre me gustou moitísimo este cadro. Encántame o ollar do cabaleiro, o xeito profundo de mirar para a dama que ama (e como a ama, con que delicadeza!). É un cadro de Millais (creo que se escribe así), un prerrafaelista, o autor de Ofelia (ese cadro marabilloso de Ofelia xacendo morta na auga rodeada de flores).
tamén ten o seu o ollar do home que mira a copa de viño. sei que a vdes lles gusta millais: xa colgaron o cadro de ofélia. non me parecia que fose de millais, pero confeso que o mirara con pouco vagar.
Moi certo e bonito.
Ademais, o amor que ven paseniñamente, tarda máis tempo en desaparecer :)
Enviar um comentário
<< Home