Quem me ía dizer a mim que nas Ilhas Cocos, onde todo é terra auga herba madeira auga herba e pedra, habería un blog chamado NOITE SUBSAHARIANA. Nom quero tampouco meterme onde nom me chamam, mas era moito melhor ter posteado unha cachola, pois nas datas nas que estamos o cheiro a carne de cocho salgada substitúe por todas partes ao peixe salgado. Em fim, no seguinte post, algo de penintência, que entramos na Coresma. Um saúdo!
Moitas voltas ando arredor de Seoane estes días, e non só pola vosa imaxe, Lauridinhas -ou a entrada da bitácora danosa Arxentina favorita-. En breve terá lugar nalgures unha exposición moi completa sobre o autor, xa que o mes pasado estiven a traducir ao inglés programa e artigos para a mostra... Lembro cando estaba a traducir a descripción-explicación desta mesma lámina que mostras, e alédame poder fitar en imaxes aquilo que loitei por traducir en verbas...
9 Comments:
Tiña que ser o gran SEOANE!
Fermoso debuxo surrealista e representativo do Atlántico e da Coruña!
Un bicazo :-)
MORALLA
O atlántico era a vena que desangraba a Galiza, na percura dunha vida mellor.
Unha aperta
Fios entre o teu post e o meu. Que homes e mulleres tan talentosos temos os galegos! E que blogueiras igualmente talentosas! ;-)
Pois é o mellor que ten a miña City.
Quem me ía dizer a mim que nas Ilhas Cocos, onde todo é terra auga herba madeira auga herba e pedra, habería un blog chamado NOITE SUBSAHARIANA.
Nom quero tampouco meterme onde nom me chamam, mas era moito melhor ter posteado unha cachola, pois nas datas nas que estamos o cheiro a carne de cocho salgada substitúe por todas partes ao peixe salgado.
Em fim, no seguinte post, algo de penintência, que entramos na Coresma.
Um saúdo!
Precioso!
Moitas voltas ando arredor de Seoane estes días, e non só pola vosa imaxe, Lauridinhas -ou a entrada da bitácora danosa Arxentina favorita-. En breve terá lugar nalgures unha exposición moi completa sobre o autor, xa que o mes pasado estiven a traducir ao inglés programa e artigos para a mostra...
Lembro cando estaba a traducir a descripción-explicación desta mesma lámina que mostras, e alédame poder fitar en imaxes aquilo que loitei por traducir en verbas...
se as formijas pican, mataas todas! txari
Sinto ter cambiado a imaxe, pero esta adecuábase máis ó sentido do post...
Enviar um comentário
<< Home