quarta-feira, abril 18, 2007

MMMMMÚSICA

Aínda que prefiro non escoitar música nese momento (non quero perderme o belísimo ruído da harmonía dos corpos), paréceme incriblemente suxeridor procurar dez cancións que me atraian eroticamente:

1) En primeiro lugar, a inesgotable "Creep" de Radiohead. Si, son unha romántica, e esta canción ponme moitísimo.
2) "Superstar", dos Carpenters... altamente poética... emocións luminosas...
3) A versión que do tema anterior fixeron os Sonic Youth... ateigada de susurros elegantes e suxerentes... de emocións apasionadas...
4) Para sempre, "Ando como hormiguita", de Silvio Rodríguez. A mellor descrición da expresión máis íntima dos corpos...
5) "Light my fire", dos Doors. Hai pouco, repasando as letras desta mítica banda, decateime de que o amor e a paixón están omnipresentes nos seus temas... é dicir, é case imposible atopar unha canción que non fale do tema....
6) "There is a light that never goes out", dos Smiths... por que a sensibilidade me porá tanto?
7) "Something", dos Beatles. Incrible... transparencia, poesía, unha pluma que se pousa sobre a pel...
8) "Reptilia", dos Strokes. Ese sentirse allea a todo o que nos rodea...
9) "Take me out", de Franz Ferdinad. Toda unha declaración de intencións...
10) "Blizzard of 77", de Nada Surf. Emoción profunda...

9 Comments:

Blogger Ra said...

Ole, ole y ole. Eso es una lista!

9:18 da tarde  
Blogger Tongzhi said...

Boas musicas
Beijos

1:05 da manhã  
Blogger eue said...

Absolutamente de acordo con Creep (que igual a asociamos a iso por ser a derradeira que poñen no Ruta) e a dos Smiths. Dúas pezas xa clásicas.

12:49 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

silvio dá muito jogo, en distancias curtas!!

6:02 da tarde  
Blogger nhusko said...

Tardaches un chisco en entrar no xogo mais valeu a espera aínda que so sexa por encender ese lume que coidei xa tina esquecido e que volviches traer a miña memoria. Agradecido.

6:03 da tarde  
Blogger X said...

A lista non era de cinco?
Vese que cando se pon...
:D

10:47 da manhã  
Blogger OSIÁN said...

A música é un dos motores da humanidade.
Un Saúdo

12:24 da tarde  
Blogger FraVernero said...

A escolla é moi boa, anque non agardaba menos de ti/vós.

Non sei con qué quedaría, mais arrapiñarei ao final a FF, máis que nada para non ser tan clasicote como amosei na miña propia escolla persoal en 'trasalba'.

5:09 da tarde  
Blogger torredebabel said...

Gustoume moito!

1:15 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home