FRANCISCO ESCÁNEO
E veu de Cuba coa súa pata de pau...
E montou a taberna, mercou camión e autobús e era un feliz habitante deste barrio mariñeiro que é a Banda do Río...
E Castelao e Bóveda artellaban con el as súas angueiras... Era un tempo de entusiasmo...!
Pero arribou o 36... Ninguén o molestou... tan só lle requisaban unha e outra vez o camión...
E non marchou a Bos Aires por moito que a súa muller llo dixo...
Era todo unha calma sinistra...
Chegou o día... Prendérono con outros cinco homes... (calabozos do concello...)
E fuxiron axudados pola súa pata de pau, pero por pouco tempo...
E os que o choraron sufriron a humillación ("eran coma leóns")...
As súas fillas aínda se acordan del, e énchense de rabia cada vez que se lembran de que eran unhas nenas cando o perderon...
Pasear un sábado pola tarde por Bueu é o que ten... non podes evitar emocionarte...

12 Comments:
Por suposto, cada pedra e cada persoa garda a memoria dese pasado terríbel que se abateu, como unha tormenta, sobre tanta xente... a calma sinistra veu tamén despois, cando houbo que agachar a memoria fronte á dos outros, triunfante e feixista...
Pequenas batallas de memoria que deben abrollar cada día máis, coma cen flores, antes de que desaparezan...
debe de haber tantas historias así por todos os recunchos do país...
mágoa que se vaian esquecendo
Historias como esta hai a moreas por tódolos recunchos deste país (algunhas tócannos de cerca)e está ben lembralas, porque non se debe esquecer ese tempo de inxustiza e infamia. Porque esquecelo é como darlles a victoria os que nunca a mereceron.
e na vossa memória faise realidade o mito de que o bo nunca morre...
É bom avivar as memórias...
Non hai que esquecer nunca. E non só pola dignidade dos que morreron, senón pola liberdade dos que lembramos.
un agasallo
Permitídeme unha intromisión. Convido as Laurindinhas e numerosa compaña a este novo blog:
http://nalinguagalega.blogspot.com/
Para o que queirades opinar. Un saúdo.
Lembrar é bo, recoñecer os erros convirte a lembraza en algo mellor e emocionarse co recoñecemento e coa lembranza xa resulta óptimo.
Saúdos despois de tanto tempo.
O nosso caminho é feito pelos nossos próprios passos, mas a beleza da caminhada depende dos que vão connosco.
Boas Festas!!!
Abraços
Boas festas.
Bonita foto do senlleiro barrio budetense da Banda do Río.
Dá mágoa ver como tantos persoeiros coma Francisco Escáneo ou o Alcalde Johán Carballeira deron a vida por uns ideais...e o final que tiveron: asasinados por uns golpistas. Mortos por profesaren unha ideoloxía. Familias destrozadas. Temos unha materia pendente....
Enviar um comentário
<< Home