terça-feira, setembro 13, 2005

DOCTOR EN ALASKA


Liberdade, orixinalidade, escavacións subterráneas, neve, alces, reindeer, o subterfuxio da fantasía, serenidade, o convencionalismo fracasado (cosmonautas terrestres, locutores salvaxes e eruditos, doutor rosmón, indio intelixente e cinéfilo, un trasgo que foxe da maxia e emerxe no real, a tenda da tranquilidade, a inuit sensata...).
Na adolescencia, devecía por Ed (sangue india, cultura e ruptura das convencións: chegar á esencia, ó goce da natureza, do misterio).

5 Comments:

Anonymous Anónimo said...

como me gustaba tamén a min esa série! e cantos recordos, cantas manobras para dar chegado a tempo, ou para non ficar a dormir e podé-la ver... en fin, descubro a sua blog grazas a vde.: estou sorprendido e mui interesado; hoxe é tarde, mañá volverei a ela con calma. un saudo.

12:40 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

ei, q tal?nom sei pq mas de primeiras pensei q eras jordi,deve-lo conhcer,tb é de bueu,creo,e tb de arte,agora descubro escrebes em feminino,assi q deves ser...cecilia,nom é? isso,faite um fotolog!!!!! q tal de veram?
um saúdo!!!

2:31 da tarde  
Blogger Laurindinha said...

Si,creo que era Chris. A min tamén me encantaba ese personaxe: salvaxe, libertario, bondadoso, culto, voz serena e profunda... E acabo de enterarme por unha páxina web que chegara a Alaska fuxitivo porque se dedicaba a roubar coches. Ademais, era sacerdote por unha estraña igrexa (da Natureza, ou algo así) e seica casou a algunha parella nalgún capítulo. L.

10:17 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

ante todo, creo que Ed representaba a inocéncia do bon selvaxe. o meu preferido era o taverneiro; devo dicer tb que son tan neurótico coma o Dr.

3:38 da manhã  
Blogger Laurindinha said...

O taberneiro era tamén un personaxe entrañable, a un tempo sosegado, tranquilo, e transgresor.
O da neurose creo que é un trazo común a tódolos espectadores da serie: por algo nos gustaba tanto ese personaxe tan rosmón.
Tamén me gustaría lanzar outra idea:¿quen non tivo nalgún momento da súa vida unha relación como a do doutor e a heroína da serie ( amor-odio, caracteres irreconciliables, pero atracción fortísima)?

3:49 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home