segunda-feira, setembro 19, 2005

HISTORIA DE UNA MAESTRA

Este libro de Josefina Aldecoa reflicte moi ben o espírito da II República. Moitos mestres loitaron por revolucionar o ensino e achegar a cultura ó pobo. As malas condicións económicas e o desprezo por unha profesión tan importante e tan útil para a sociedade..., o perigo que representaba (e representa) para os poderosos a cultura e a educación..., a fermosa inciativa que supuxeron as Misións Pedagóxicas (que emoción se transmite no discurso de presentación: achegar a arte á aldea, igualdade, as letras como ben prezado), o acto de valentía que supuxo retirar os crucifixos e a relixión das escolas (e agora que dá tanto medo). Ás veces unha novela é mellor que unha clase de historia (todo se comprende mellor cando te introduces na pel dun personaxe).