sábado, dezembro 24, 2005

MATE


Quero ser Talita... (martelo e puntas na man -táboa nas alturas-, vivir nun circo con gatos calculistas, durmir interconectados -compartir contos noctámbulos-...) Pero quero ser real, tanxible, preciso facer e non desfacer (liar e desenlear...).

8 Comments:

Blogger Marinha de Allegue said...

O momento da foto resúltame moi familiar, moitas parrafadas teño eu con Aruxa, a miña gatiña...
;)
Un Beijo guapa.

7:37 p.m.  
Anonymous Anónimo said...

O gatiño (calculista ou non) de Cortázar chamábase T.W. Adorno, toda unha declaración de principios. E por outro lado, Laurindinha, todos queremos ser Talita, cando menos de cando en vez.

Se mo permites, con todo cariño (virtual), regáloche o capítulo 68, xa sabes, o do perverso glíglico corpo contra corpo.

Bicos.

12:53 p.m.  
Blogger torredebabel said...

Laurindinha, a foto (unha das que mais me gusta) de Cortazar (un dos escritores que mais me gusta) foi como un agasallo de Nadal neste blog (un dos que mais me gusta, tamén!!). Apertas dende esta tarde de calor e sol!

4:13 p.m.  
Blogger Laurindinha said...

Alégrome moitísimo de que che gustase, Marinha... Benvido Tío Pepín á noite subsahariana... grazas por regalarme un capítulo no que brillan ciclopes derretidos, a paixón nítida e perfecta: realidade de paraíso...
E Torre de Babel, grazas polo cumprimento, o sentimento é compartido, desfrutamos moitísimo tamén coas túas historias de nadal sollío e cálido...

8:39 p.m.  
Blogger FraVernero said...

A, Cortázar e os gatos... Boa combinación.
Adoro aos dous. Aos gatos, como unha vella solteirona...

3:31 p.m.  
Blogger bueno said...

linda foto. boas festas.

3:45 p.m.  
Blogger Laurindinha said...

Gatos... deles falaría longo e tendido senón fose que teño unha no colo que non me permite teclear moi ben (Nina, a miña favorita... ou a que máis me quere)

4:28 p.m.  
Blogger folerpa said...

Eu non uso reloxo por un conto de Cortazar, meu fillo chámamse Lucas por un conto de Cortazar...e podería seguer atat o infinito e máis alá.
Unha aperta.

12:00 p.m.  

Enviar um comentário

<< Home