sábado, novembro 10, 2007

FRANCISCO ESCÁNEO

E veu de Cuba coa súa pata de pau...
E montou a taberna, mercou camión e autobús e era un feliz habitante deste barrio mariñeiro que é a Banda do Río...
E Castelao e Bóveda artellaban con el as súas angueiras... Era un tempo de entusiasmo...!

Pero arribou o 36... Ninguén o molestou... tan só lle requisaban unha e outra vez o camión...
E non marchou a Bos Aires por moito que a súa muller llo dixo...

Era todo unha calma sinistra...
Chegou o día... Prendérono con outros cinco homes... (calabozos do concello...)
E fuxiron axudados pola súa pata de pau, pero por pouco tempo...
E os que o choraron sufriron a humillación ("eran coma leóns")...
As súas fillas aínda se acordan del, e énchense de rabia cada vez que se lembran de que eran unhas nenas cando o perderon...

Pasear un sábado pola tarde por Bueu é o que ten... non podes evitar emocionarte...

segunda-feira, novembro 05, 2007

PULP FICTION II

Vouvos creando, e fágovos tan fermosos...