quinta-feira, julho 27, 2006

ATLANTIC CITY

Estas primeiras pegadas de verán... bicis, comecartos e gaseosa...
Pálido René...
fitaron para o meu espello de ondas...
(Virxinia Woolf, o sol, a escuma ...cativan bicos sobre camelias brancas... e vou esvarar por tobogán de hedras...)
Pálido René... pero foron fitar para o meu espello de ondas...
Un paso adiante na area de Atlantic City... era a princesa do asfalto (she's so... Mando Diao).
E agora fóra do planeta, fóra da marabilla...
Andaba desordenadamente feliz... no cabo do pé (tacónpuntatacón), de pinchacarneiro en chumbalagato, bicos de inverno... e a calor que penetra a través das fiestras nocturnas que se abren (aroma a pementos) ... era o torbelino das letras... Ana, eu, e a romaría de primavera, subindo sen tregua as escaleiras de pedra (atopeivos!) -levo un ombreiro nu-.
Albisquei Martinica, a min Aimé Césaire (novas da psicanálise, berros de lobo)... et les chiens se taisaient... et os grans de café (fago monstros de bestiarios) e móveme por entre liño descorado, con fino tascón e xa son figura de esgrima... E viñan a min coellos brancos de función última (remate da carreira de Arte)... era cando levaba o mundo entre a punta dos teus dedos (e non calaban, e os cans berraban)... mais andaba desordenadamente feliz...
Ser a primeira muller no casino de Montecarlo (tempada alta), xirar coas puntas dos dedos ruletas de prata, saudar estranxeiros a raias, caer co neboeiro entre figueiras madurezas, regar máculas de café... presentar a Mancini... a Pérez Prado and His Orchestra... non se pode... maldita coraxosa... así era a miña vida planetaria...
[roubáronme o papaventos que levaba tecido ao corpo... pálido René...]

quinta-feira, julho 20, 2006

FADO

Do vale à montanha
Da montanha ao monte
Cavalo de sombra
Cabaleiro Monge
Por casas, por prados
Por quinta e por fonte
Caminhais aliados

Fernando Pessoa

[É absurdo negar a poesía e a sensibilidade do home]

quarta-feira, julho 12, 2006

THE LONG, HOT SUMMER

Torbelino. As mans axítanse procurando o vento, a respiración, aire... A asfixia por momentos é insoportábel. Porque te amo, mais ti deixas que murchen as azucenas. E confías nun futuro lento e marabilloso... pero son pasional e certeira... Porque te amo, e morro por esvarar pola túa pel lixeira, percorrer os desfiladeiros do pescozo, emocións escorregantes... Mais o límite achégase rápido e constante... e xa temo a fin.
Porque ante min se amosan novas flores, novos froitos, chairas inmensas, acubillos senlleiros, beizos entreabertos, plumas de faisán... e ti só me ofreces follas murchas, beixos pasados, caricias de caracol, sorrisos de avestruz, tentacións sen final... e ante min xorden océanos inmensos, marés altísimas, rotundidades de corpos, palpebrexares auténticos, ilusións novas...
Aínda que sei que, se agromasen en ti xiria e carromeiro, as azucenas xurdirían acesas e vivaces... Mais tamén son consciente... de que a hora límite... está a piques de chegar.

quarta-feira, julho 05, 2006

PREÁMBULO

mais sempre preferín a hiperactividade do gato...

sábado, julho 01, 2006

INCOMUNICADOS

FIN DE SIÈCLE

You have killed me, and I'm a creep, Hot Hot Heat, Baby, baby, baby, baby, baby... I Love You (Sonic Youth, Superstar), de matinada han trucat, són al replà de l'escala; la mare quant surt a obrir porte la bata posada. Qué volen aquesta gent que truquen de matinada?... Bonet, Debussy l'arabesque... To Parelthon Thimitika, va vis et deviens... sa lluna encara no és posta... The time of the season... Zombies.

pensando en ti, pensando en ti... (palabras para Julia).

[ojalá no te hubiera conocido nunca... and the sky is grey, the sky is grey, the sky is grey... Nao azul].