quinta-feira, abril 27, 2006

FULGOR


É tanta a transparencia, que case non podo camiñar co resplandor.

segunda-feira, abril 17, 2006

REDE PARA CAZAR BOLBORETAS


Devagariño, devagariño, a paixón transfórmase cada vez en algo máis fondo... e, cando reparas nela, estás atrapada nunha rede transparente e fermosísima...

sexta-feira, abril 07, 2006

ALEGORÍA DA PRIMAVERA


Ollos que me ven... que te ven...

Puideches albiscar aquel aroma a madeira de sándalo? No abismo coa raíña de Saba...

Demasiados filmes, meu outro ollo...

Pedalexas iris de Etiopía? Eu camiño mediodías de sol... á velocidade que sei, que podo, que non me cansa... a máxima brevidade no encontro, por favor..., a fugacidade máis intensa... (un furacán pequeniño que me transporte...)

(os soños tamén se moven, sabíalo? dunha metraxe a outra butaca... dunha esfera a esta realidade...

...dun estralo a un gran de millo verde).

E todo isto... para podernos bicar sen palabras, sen espellos marabillosos que se derreten...

Non es unha novela, es unha cadea sempiterna de breves caligramas...

Louise Labé... estanme garabullando os sentimentos...

... e alí seguimos sen falarnos ...