quarta-feira, agosto 31, 2005

NACHO VEGAS


Actos inexplicables, misterio, El jardín de la duermevela, Brujita, preciosismo...

ALL ABOUT EVE

Brujita, me irrita, la gente -¡maldita!-
que trata de hacerte sufrir.
Yo los mataría,les arrancaría la piel
hasta verlos morir.
Como un cocotero, como un rascacielos,
así de bonita eres tú.
Tal vez te llegue a perder
Pero ¡cuánto te quiero, mi amor verdadero!

BRUJITA (fragmento), Nacho Vegas

PEQUENIÑOS

FRIDA KAHLO



Ás veces alguén parece inatacable, forte coma un iceberg, libre, sen fisuras por onde meter os dedos que feren, admirable, fóra das convencións.
Mais a sensibilidade é un trazo do ser humano.

terça-feira, agosto 30, 2005

MANIQUÍS


Maniquís, NextDoor Orange no Salvaxe (sesión memorábel), asentos de comodidade (brancos), gata alba de rabo longo, pérolas de océano, pulcritude de bota alta...

FREAKS de Tod Browning, 1932


Pequenísima obra de arte...
Monstros son os que pensan monstrosidades.
Tódolos demais somos seres humanos.

XA CHEGAN...!

En Setembro, na TVG...
volven os Autos Locos!!!

segunda-feira, agosto 29, 2005

A NOITE PROMETIDA


a noite máis longa, a máis terríbel, a máis inverosímil, imposíbel, escura; a noite -prohibido prohibir- é un circo matemático, pulcro e elegante; esvaramos por ela, danzamos, brincamos, corremos; quixen ser noite.
e sinto a ausencia da noite que foi baldeira, gris, opaca -peto das almiñas, pés oprimidos-.
e quero regresar á noite prometida, á máis desexada por prohibida; que nela o ceo sexa inmenso e inabarcable, ilusionante, primeiro -terciopelo azul-.
o concepto do desagradable: a ausencia de luz na noite escura.
viviremos para atrás, sabia Alicia, este camiño a Ítaca... pisaremos os nosos pasos sobre migallas circulares, e volveremos vivir o non vivido, o levado, o máis desexado por pasado, o máis amado por prohibido...

quinta-feira, agosto 25, 2005

ESPLENDOR NA HERBA

Prexuízos, moral retrógada, machismo, ideais perversos, proxenitores controladores, a represión da sexualidade feminina...

O amor causa a felicidade máis absoluta e a dor máis desgarradora, a loucura.

A brancura estende as súas asas, bolboreta diúrna.

Esplendor na herba.

SPLENDOR IN THE GRASS


Dende hoxe unha das privilexiadas... profundamente emocional, terribelmente fatal...
Sublime secuencia final, desgarradora...
Pero el amor, esa palabra... para que sucumbir?
A reconstrución na memoria, as palabras, os ciclopes, os desencontros, a loucura... -puta ou madonna?-, o eterno dilema, a escura visión, a lacra máis vella, o convencionalismo máis estúpido.
(Podes ser o que máis queiras...)
Poder ir a todas partes, correr, desexar, opinar, amar, xirar, descansar suicida na auga...
Unha vez tiven un cravo, cravado no corazón, i eu non me acordo xa se era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor... (fin dun ideal, cravo descravado).
O instante infinito, o esplendor na herba, ese nunca morre, pervive intacto na memoria... Cantas Deanie, cantos Bud... cantos cravos cravados descravándose...

quarta-feira, agosto 24, 2005

BONNIE E CLYDE

Bonnie Parker e Clyde Barrow,
ladróns de bancos, criminais...
Simpáticos e inocentes, torpes pero elegantes.

terça-feira, agosto 23, 2005

OS BARBAPAPAS

Recorrín a Google para refrescar a memoria, e velaquí están os Barbapapas, tan boíños, tan feitiños! Só temos que verlles os ollos, expresan moito moito amor, tenrura, que familia! E esas florciñas!
A verdade é que deberían facer unha análise sociolóxica en torno ás diferencias existentes entre os espectadores de Babar, dos Barbapapas, ou de Espinete e o sempre alegre panadeiro Chema, e os que viñeron despois. Daría para contar...

segunda-feira, agosto 22, 2005

SLURP!

Alfalfa tamén é dos Slurp
do Cuarteto de violíns
e do Garito
Noite de gatos 2005, II Haniversario

BABAR, O REI DOS ELEFANTES




eLeFAnteS, ciRcos, GatOs cALcuLisTas, mUllEres barBudAs, FenÓmenos, bOla de crIsTAL...

sábado, agosto 20, 2005

SELVÁTICA

Probaremos as posturas dos corpos, as sombras, as follas
de acanto
terribelmente salvaxes,
os límites desnivelados dos chans (epiderme dúctil),
as tebras
lizgairas
da dimensión movible.
Intentaremos atinxir os enveses dos corpos, a face
de atrás, as enrugas, as revoltas
descoñecidas, en percorridos poderosos e inquietantes
cinguiremos
cinturas volátiles e réptiles, espacios cotiás
mais alongables
deica as terras estrañas.
Porque en cada posición inesperada
se acha
o celme dos ceos estantíos, inmensos, as terras
rubias
da calor, as xeografías secretas, as rectas
nádegas e outeiros, as mans delicadas.
Porque en cada
sima descuberta
nace a flor que se espalla, a onda
que se eleva,
a labarada inmensa, a árbore senlleira.
Porque entrelazados, cinguidos, máis afastados,
turxentes, acubillados, anoados, nas redes,
nas historias, entre as nubes
brancas,
rebentan os corpos en territorios inexplorados.
Lucía Novas

sexta-feira, agosto 19, 2005

DURMIMOS EN MARMELADA


Na caixiña verde, de trigo ortegal; baixo o amarelo, de día, penso en sublime... As pálpebras descenden comodísimas, pero seguen a oír(te), e quero roubar ás horas tempo, aos minutos, esnaquizar metais brillantes pulcrísimos... Un tic imprevisíbel, sutil... feito un neno. Serás pianista, agradábel na memoria (poética), e pequeno Cabaliño do Demo, ferido, a través do espello... xa durmimos sobre froitas vermellón, sobre zucre e pastel, sobre cor ortegal, sol, trigo... durmimos sempre que ti queres, ti artelllas a nota máis luminosa, o presente máis fermoso, cristalino, transparente... e durmimos, sempre durmimos entre cereixas, amorodos, almofadas vermellas, nubes de feira empalagosísimas... as pálpebras caen cansas na éxtase da circularidade da marmelada, do licor morango, da suavidade infinita... (soño caramelo).

quinta-feira, agosto 18, 2005

DURMIMOS EN ALGODÓN


As irmás Liddell, nenas victorianas, refinadas, antigas... Pasean en barco amplo polo Támesis, perceben Fireworks music, luminoso o artificio haendeliano. Sorben té inglés escrupulosamente, len a Shakespeare e a Häendel na partitura acuática...
Preparada está á mesa unha bandexa de pastas de cores (confeti confeitado). Un piano, un só, moi sutil, imperceptíbel pero palpábel na tarde cálida.
(Teño unha colcha de cores para ti...)
E o Reverendo Charles Lutwidge Dodgson, Carrol no conto infinito, debuxa un espacio novo, unha liña tersa, algodón, para Alicia. Lebres de Marzo, Coellos teimudos -por que pasa tan axiña o tempo? Verán que escorrega-, gatos xigantes, pouco posmodernos, nada modernistas, e flores que falan porque a terra está dura, incomodísima... E non reparara no sono das flores pola terra branda, almofada, máis algodón, nube branca...
Só é un xogo de palabras, acompáñasme?
Regadeira elegante, xardín inglés, impreciso.
(Durmimos a tarde entre libros de folla finísima, sobre melodía túa, chea de sentido suxerente...)
E a tarde exquisita é eterna, o sono non esperta, sempre a piques de escorregar polo burato, sempre nena...

quarta-feira, agosto 17, 2005

DÍA DA GALIZA MÁRTIR


No ano 1942, os nacionalistas galegos no exilio decidiron declarar ao 17 de agosto Día da Galiza Mártir.
Conmemoraban así o fusilamento de Alexandre Bóveda do ano 1936.
Foi celebrado ano tras ano entre os galeguistas de toda América.
Coa morte de Franco no ano 1975 comezou a celebrarse o Día da Galiza Mártir na cidade de Pontevedra. Nos primeiros anos producíronse unha serie de prohibicións mais non conseguiron rematar coa memoria de Alexandre Bóveda.
Como dixera Castelao:

Non enterran cadáveres, enterran semente...
A madrugada do 17 de agosto do 36 Bóveda escribía as últimas letras para a súa muller Amalia: miña vidiña, encabezaba.
Amalia Álvarez Gallego, a súa dona, levou anaquiños do piñeiro contra o que fora fusilado Bóveda envoltos nun pano para a súa memoria. Tamén retratou fotograficamente a Cinta Rey -nai de Vítor Casas- xunto ao piñeiro no que fusilaran tamén na Caeira (Pontevedra) ao seu fillo, director de A Nosa Terra no 36. A fotografía ten unha incríbel forza expresiva, Cinta, velliña, pousa a súa man sobre o tronco da árbore como se o seu fillo aínda puidese sentila...
Hoxe, ás 18:00 h. no cemiterio de San Mauro, e ás 20:00 h. na praza de Curros Enríquez, homenaxe a Bóveda. Día da Galiza Mártir, 2005.

LABIRINTOS


¿Quién no hizo alguna vez
locuras por una mujer?
¿Quién no quiso alguna vez
algo que no pudo tener?
¿Quién no hizo alguna vez
promesas a una mujer?
¿Quién no quiso alguna vez...?


Retrouso de Si pudiera, de Los Suaves

domingo, agosto 14, 2005

PSICANALIZÁNDO(ME)




-Señorita Yamabuki: E agora este é o corazón dunha ra

-Monstriño de Frankenstein: Iso xa o temos moi visto!

-Rapaciña: Norimaki (Arale) acaba de facer unha operación de apendicite.

-Señorita Yamabuki: Ooohh!!

-Ra sa: Moitas gracias rapaciña.

sábado, agosto 13, 2005

LUIS EDUARDO AUTE


AL ALBA

Si te dijera amor mío
que temo a la madrugada
No sé que estrellas son éstas
que hieren como amenazas
Ni sé que sangra la luna
al filo de su guadaña

Presiento que tras la noche
vendrá la noche más larga
Quiero que no me abandones
amor mío al alba
al alba, al alba
al alba, al alba...

Los hijos que no tuvimos
se esconden en las cloacas
comen las últimas flores
parece que adivinaran
que el día que se avecina
viene con hambre atrasada

(...)

Miles de buitres callados
van extendiendo sus alas
no te destroza amor mío
esta silenciosa danza
Maldito baile de muertos
pólvora de la mañana

(...)

Hoxe, 13 de Agosto, na Praza da Ferrería ás 22:30 h Pontevedra

quarta-feira, agosto 10, 2005

STUDIO 54


Noite de veludo, de estrelas radiantes...
Ingredientes: noces, personaxes senlleiros, baile, levadura, fariña, atraccións mutuas, fame, gatos deslizándose pola pista, negridume da noite, ovos, sucidade elegante, siluetas esguías.
Unha caricia que esvara polo brazo (as aves pasan).
E a praza é premonición do Star Lux.

domingo, agosto 07, 2005

SORTIE


Construímos edificios, xardíns botánicos, galerías luminosas, xogos de estanques, arquitecturas belísimas, pazos de cristal, xardíns pendurados, dédalos de mirtos, corredores de misterio, bibliotecas atraentes, música, flores, intelixencia, bondade... escaleiras de caracol, sinuosidades no interior, faiados ilimitados...
Construímos á persoa desexada co mellor do noso interior (paraíso imposíbel).

sábado, agosto 06, 2005

THIS IS THE END... MY FRIEND


Y perdí
la cuenta de las veces que te amé
Desquicié
tu vida por ponerla junto a mí.
Vomité
mi alma en cada verso que te dí, ¿qué te di?
Olvidé
me quedan tantas cosas que decir, ¿qué decir?

Vronsky, Lancelot, Oliveira... remata a literatura, comeza o literario

sexta-feira, agosto 05, 2005

FAI FUNKY MEU!



Loretta Martin ( http://www.lorettamartin.net), apocalíptica banda onde bailan xuntos indios, lagartos abrasados polo sol, tigres elegantes... Conseguen un son peculiar, propio, que ademais é limpo, puro. Loretta Martin recordan a Loretta Martin, é aí está o encanto.
Cando durante o frío invernal paso a ser a Muller Leituga ou a nocturna xoaninha de pintas negras, Loretta Martin convértese na miña banda de son favorita. Fran e o seu abrigo decadente, especializado nas historias de intriga, de pantasmas eslovacos que meten medo nas noites de San Pedro, e a cálida voz de Brais Morán, un namorado da vida, da arte, e dos zumes de laranxa ás 6 da tarde.
A por todas!

PD: A Foto dos Loretta Martin recorda á dos míticos Bread: Mike Botts, David Gates, James Griffin e Larry Knechtel.

O BICO IMPOSÍBEL


Ando como hormiguita por tu espalda
ando por la quebrada dulce de la seda.
Vengo de las alturas de tus nalgas,
hacia el oro que se derrama y se me enreda
Tú te vuelves pidiendo el cielo,
apuntando a la luz con flores.
Y como lazarillos son los sabores
en tu jardín de anhelos...

quinta-feira, agosto 04, 2005

A UN PITXELEIRO


Óscar, botámoste de menos...

REMUÍÑOS


Rodéame a incertidume, a senrazón, o absurdo, a falta de cordura, de sentido común... Eu que sempre presumín de ser tan racional e equilibrada!!!

Perségueme o irracional... e nunca quixen ser tan normal!

quarta-feira, agosto 03, 2005

VIRIDIANA


Gambas, croquetas, cachiños de tortilla, empanadillas, máis croquetas, churrasco -máis carne- e millóns de pementos enlatados... Licor de herbas, licor-café (eu tamén son de licor café)... Guitarra, Verdura -tú te vuelves pidiendo el cielo-, máis licor-café, cruceiro das cinco rúas, Lola, guitarra -largas, transparentes, y en sus barrigas llevan lo que puedan arrebatarle al amor-, play-station (definitivamente: un trasto), e coñecinte nun bar cando estabas a bailar, capitán Planeta-. Mugartegui, levanta os ollos miramé se queres que te queira, será tan forte o noso amor, que nos dará valooor!!!, Búho Azul, e muralla franqueábel na fin da noite tan longa (que non de pedra).