terça-feira, março 28, 2006

PULP FICTION

Por que esta tendencia a crear a persoa desexada?
Que decepcionante decatarte de que non posúe as virtudes que crías (senón os defectos que odias), que estabas namorada dunha sombra... Sínteste idiota.
Preferiría sentirme abandonada...

segunda-feira, março 27, 2006

PLATAFORMA 5



Estou totalmente confundida:
morren os amantes; volven agromar; sofren metamorfoses...

quinta-feira, março 23, 2006

UTOPÍA


Coa liberdade, os libros, as flores e a lúa ¿quen non sería feliz?

Oscar Wilde, De profundis

sábado, março 18, 2006

FOI A NOITE

Infinitamente agradecida por toda esta poesía... Por ser interminábel e luminoso amigo en tardes de libros, ráfagas de vento e cartografía... E podería roubarte esa memoria que ti tamén atesouras, facer medrar recordos de pedra (de danza, sol... e brancura). Concédeme un desexo... que na distancia dos anos que se vaian amoreando (silenciosos uns sobre os outros), nos camiños que algún setembro comecen a separarnos... agaches a miña presenza embalada nunha folla de lata... para vivir un anaquiño do que ti vivas...
Eu levareite envolto en fume e calor... na negrura dun jazz antigo... nunha amadísima mestura de euforia e melancolía...
...e prometo, en tódalas estancias nocturnas da bohemia do mundo... altear as puntas dos pés para buscarte... e atoparte sempre embebido nalgunha peza de música adorábel (sentíndote voar na inconsciencia) acariñando marabillas coas mans, saboreando bágoas salgadas...
... sempre entre as pantasmas e a realidade...

quarta-feira, março 15, 2006

O FÍO DE ARIADNA





fío tenue que nos une

quinta-feira, março 09, 2006

FLOR DE NEVE

Cando se dá a un neno un xoguete demasiado marabilloso para a súa pequena mente ou demasiado fermoso para os seus ollos a medio espertar, se é voluntarioso, desfaino; se é apático, abandónao e segue a xogar cos compañeiros. Así pasou contigo. Tiñas a miña vida e non sabías que facer con ela.

Oscar Wilde, De profundis

quinta-feira, março 02, 2006

POLO CAMIÑO DE SWAN

Caracol caracoliño,
non vaias tan devagariño...