sábado, dezembro 31, 2005

CANCIÓN TRISTE DE SAN SILVESTRE STREET

Don Triste é un meticuloso reloxeiro -arranxa metais, articula resortes...-. Trátase dun feliz comediante que -inmerso en ponche e mergullado nas uvas- repasa horas de silencios, ama a intensidade do tempo que vive... Don Triste non é un amargo desgrazado, un poeta suicida... Don Triste é un elegante actor (mímica no saúdo), que torna os ollos tristes cando é preso da memoria (noite de San Silvestre), porque o tempo vaille debuxando unha historia tan inmensa, preciosista e encantada (pingas de esmalte, delicados enfeites de marabilla...), que de desexala é preso da maior das felicidades: a única e esguía Dona Melancolía.

terça-feira, dezembro 27, 2005

AS TIMES GOES BY

"no es verdad, que no quiero querer más, guardo el mar en un bote de aguarrás"

Soñei coa praia máis terríbel... trataba de chegar e non conseguía atravesar a curva da nenez (onde os coches comezan a estacionar)... e devecía por ver a estancia máis perfecta: auga, mar azul, rochas que acariñan? era Lagos? a praia de area enorme, mar de nenos: apracíbel e protector? Non, no profundo e subliminal conto nocturno había outra praia máis perfecta (salvaxe e libre, area branca voluptuosa, tola atracción, sinuosa respiración que agride, adulta ansiedade, mar que abrasa...).

(no es verdad, que no quiero verte más...)


sábado, dezembro 24, 2005

MATE


Quero ser Talita... (martelo e puntas na man -táboa nas alturas-, vivir nun circo con gatos calculistas, durmir interconectados -compartir contos noctámbulos-...) Pero quero ser real, tanxible, preciso facer e non desfacer (liar e desenlear...).

sexta-feira, dezembro 23, 2005

BELÉN ARTICULADO

Tellas con gatos, osos e gorilas... escaleira das alturas, chemineas ocultas... camiñando ábrese un oco oblicuo (prisma de encanto). Obsérvase veludo, goma, peteiros, la (cores de froitas confeitadas). Camiñan exércitos fabulosos, aldea automática (almofadas, herbas e gatos rabuñando os pezuños...). Descaros, bicos de cinema, un tío no París (mago Tati), chocolate do Perú (que viva a vida tranquila! de marmelada, veigas e ratos pulcrísimos con maletín), Teo desfaise con palleiros, hortas pluriempregadas, verzas de goma... Cachirulo -galicreques do underground-, unha porta (chave imposíbel, segredo velado, tebras no lago do castelo do científico -artífice de monstros-, e un bibliotecario con óculos agarda á morte -cera, candea, auga... un libro-, a morte de enigma), e teño a chave de mentira, do conto de amoras, framboesas nas silveiras... Tío Pascual -presente de leite, tella con penso, pomba culta de viaxe...-, e chíscame o ollo lúa de Meliès...!

É o meu cuarto favorito (conto que eleva ingredientes coa levadura plástica da mentira).

quinta-feira, dezembro 22, 2005

NADAL

As plumas faíscan polas rúas, voa o incenso, as pedras refulxen co xeo e o misterio (auga mollada e acubilladora), paseas polas rúas, elegancia de folerpas luminosas, zapatos novos, unha chapa de arte subterránea, e as chatolas no cinto, galanos de Reises Magos, e a mirra adormece nas nosas bocas voluptuosas, e a saia cóbrese de cores (vermello, branco, negro...), e aínda que non sexa certo, a maxia cobre a cidade...
(circulaches en transparencia de elipses, e agromou á fin)

terça-feira, dezembro 20, 2005

ELIPSE (VIAXE)

Porque cando te vexo nace en min un torrente de auga transparente e buliciosa... Porque é como se devorase pétalos das rosas máis afrodisíacas (pero que me dá a túa presenza?)... Porque deixo de ser independente e temo este abismo... Porque co teu sorriso faría unha blusa para as tardes apracibles... Porque te acho en todas as rúas e en cada recanto... Porque é como tormenta de deserto que me atorda... Porque as túas mans son finísimas e delicadas, delgadas... Porque es a suavidade e a contundencia, elegancia e afabilidade... Porque es gato esguío que esvara... Porque nacen en min illós de auga que gurgulla, balsámica...
Pero...un pouquiño menos de altiveza, meu rei?

quinta-feira, dezembro 15, 2005

ALBARICOQUES


O conto de Nadal máis doce nace cunha cesta de albaricoques enfeitados... na colcha de cores proxéctase unha lúa (claraboia de pingas) ... e unha estrela alumea na fiestra (azul na noite, nispereiros nas hortas ocultas da cidade de pedra). Frío de la, luces que espreitan un intre (natal de nata), e a maceira que pousa no deseño gal (mazás de xabrón noite). É o Nadal primeiro estadía de preparación, oráculo de neve... o pazo elabora marmelada (loces albaricoque elegante no moble de castaño...modernistas pinceladas vidradas...)

terça-feira, dezembro 13, 2005

TAKE ME OUT




Non son Penélope.
Eu tamén navegar...

domingo, dezembro 11, 2005

DELOREAN

Naquel Delorean sulcamos a mañá dos defuntos... acababas de estar serio (coma sempre) silencio cos ollos (amor-odo intelixente). Observando -teléscopico futurista- triste... estiveramos xuntos sen coñecernos
-Noite de Calacús-. Sóubeno todo dende un principio (Franz Ferdinand no Camarú...). E vistes o noso Delorean -estabades sen batmóvil-, e volvino saber todo, e antes do despegue (supersónico) xa estabas preparado (listo e xa!), e falamos da emblemática viaxe ao futuro -a nosa favorita- (paradoxos meus que vivo no pasado). E Nacho Vegas con Michi Panero, e unha curva a mil... perfectamente enfundada en dourados e metais vin nun estoupido cara a vós -heroes melancólicos-, e foi un truco de emoción, unha pista descifrábel no tempo...
Volviches Marty McFly... demasiado tráfico na viaxe... agárdote no cuarto das Nancies (Maxia Borrás, pos brillantes), óese Blondie de goma, Belas Artes de ocasión, familia Adams (e unha gaiola musical con espellos luminosos)...

sexta-feira, dezembro 09, 2005

QUERO UNHA MASCOTA!!!


Sinto predilección polos animaliños que están apadriñando algúns ávidos blogueiros!!!

Mais o meu desexo non pode ser realizado sen o consentimento da outra metade de Laurindinha (que non gosta moito deles)...

Por favor... axudádeme a convencela!

quinta-feira, dezembro 08, 2005

REAPARECES

Onte volvinte ver... E non negarei que me sentín turbada pola túa presenza (aínda sobre este océano no que habito, loitaches por emerxer)... Mais destruíches o meu desexo coas túas continuas voltas e reviravoltas, cos círculos concéntricos, as desaparicións, os labirintos desfavorecidos... Eu, sempre, agardando unha tregua dentro desa continua crise na que parece que habitas. Mais custoume ser fría na presenza, e sentín unha intensa dor cando reparei no xeito no que me ollabas, na desesperación nos teus ollos, na tenrura da túa face...E minto se non admito que desexei arrolarte no meu abrazo, chorar de amargura, darche un pouco da miña luz, acariñar o teu cabelo suave....
Mais é preciso que así sexa, eu tamén teño dereito a un anaco de felicidade.

PREESCOLAR DE PLASTILINA

Todas las brujerías, del brujito de Gulubú (se curaron con la vacú, con la vacuna, luna luna, lú)

E montamos unha función coas luvas (coellos de la)... era o sangue negro o mal máis estendido (serpes cascabel na procura dun feitizo), bruxerías de meigas -do país dos turcos-... (chup! chup! patos e abetos, principiños untados de lama, andoriñas na primavera, Vivaldi en chándal-aros e balóns, equilibrio culto (para as turcas)-... E xogaba antes de pechar os ollos a contar as plastilinas da aula -verdes, lilas... (nunca fun de ovellas). Parches nos ollos (na miña clase había dous piratas)... e nunca xoguei ás casiñas (para que traballos!), eu xogaba a correr liberada polas montañas -recreo ilimitado-.

quarta-feira, dezembro 07, 2005

JOTERA LO SERÁS TÚ

Carmen París: forza terríbel da voz, expresión limpa. Rebuscar no raigame do folclore, revisitar a jota, a dicción imposible, o chotis (Madrid renace), sacarlle brillo ás cancións usadas, os figos, a reformulación, a mestura dos ritmos máis diversos, o tango, a Zaragoza milenaria, a ousadía, a xiria da muller...

La verdad es una ortiga/ en el medio del jardín

terça-feira, dezembro 06, 2005

SOMEBODY TOLD ME

Peguei un voltio de calor... (cables enleados, revólver eléctrico... case me flasheas co estoupido -láser efectivo-)...

Resignada partín (zoom, zoom, impórtame un faradio a depresión... agarrei a radiocasette, humanoides elásticos, saia solar, lapis de labios de ocasión, todo tirado (un desastroso culombio no montón)... Sexilia na autovía de Marín (mi radio adivina pone música divina), e dun tirón xorden botes de colón... ai, que flash me pegou, hola, hola, que tal, en la bola de cristal... (Ceci, Luci, bom!! y otras chicas de subidón). Que alucine...! Vatios e vatios de paixón, desconectados pero en acción, subministro (combustible musical...). Nun voltio sintoniza a radiación (estoupido de amor... silenciador musical... cambra -zoom, boom, faradio e culombio...-, un mar de electrodomésticos, unha electrólise eficaz...).

En el jardín, oe, en el jardín...

domingo, dezembro 04, 2005

MAGA

Preciosismo, delicadeza, músicas subterráneas, auga que escorre, esquimós fóra da estación, tintinares de delgadeza exquisita, pedras de lúa, noite aveludada, fíos azuis, e vexo a túa face, e o teu sorriso... medusas oceánicas, e acubíllome no teu abrazo, e síntome arrolada nesta rede de estrelas... cosmonautas, paraugas, nubes, espellos, cadrados coma atlas... (e Agosto esquimal, Celesta, Azul cabeza abajo, Piedraluna...).

sábado, dezembro 03, 2005

AUTÓMATAS NA ALDEA

no derradeiro mes do ano... (quecen estufas, sopran as chemineas... palloza de la, berce con goma, nenos de mentira...), e calzo calcetíns que fumegan, prende a bolsa de auga nos pés, de goma quentiña... e son as noites secuencias de leiteiras, ferve auga na cociña de ferro... madalenas calzadas en tarriños escuros, con abundante zucre na primeira lámina doce... espertan mañás brancas, carreiros de contos -e lévote boneco afriaxado entre auga e silveiras (non vos quero estrugas que picades!)-, unha árbore que procuramos, loce na aldea automática... e batemos as pozas coas botas azuis, húmidas, de goma...

sexta-feira, dezembro 02, 2005

WEATHER WITH YOU

Peto no ceo... muralla. Ultimamente ando moi depresa -bailarina de claqué-. Non sinto, non amo, non quero... nothing, please só durmir... e comer doces de tardes de té.

Por que ando vagando na herba dos años bendicidos, branca, xeada, impertérrita?

(e coñécesme dende que era... como de pequena?)

quinta-feira, dezembro 01, 2005

MATCH POINT






Unha mestura entre Crime e castigo
e o Vermello e negro de Stendhal?