sábado, abril 28, 2007

ATOMIC


segunda-feira, abril 23, 2007

ESGRIMA

Esgrimas absolutas, zigzags, pavillóns de cristal, luces marabillosas tras os vidros, hortensias grandiosas, fermosísimas pingas de chuvia, palmeiras en xardíns botánicos, camiños sinuosos, seixos brancos, sentimentos transparentes, elegancia auténtica, humildes margaridas puras, estratexias que capturan, lentitude de caracol, rapidez turbadora de torrente, emocións súbitas, mans que se entrelazan, suaves caricias entre as faces, rafia fermosísima...

domingo, abril 22, 2007

MMMMM


Eu, a outra:
1. Alan Stivell - Ha Kompren't 'Vin Erfin
2. BSO 2046 - Siboney
3. Billie Holliday - My man
4. The Kinks - Harry Rag
5. Ai as penas do verde gaio...

quarta-feira, abril 18, 2007

MMMMMÚSICA

Aínda que prefiro non escoitar música nese momento (non quero perderme o belísimo ruído da harmonía dos corpos), paréceme incriblemente suxeridor procurar dez cancións que me atraian eroticamente:

1) En primeiro lugar, a inesgotable "Creep" de Radiohead. Si, son unha romántica, e esta canción ponme moitísimo.
2) "Superstar", dos Carpenters... altamente poética... emocións luminosas...
3) A versión que do tema anterior fixeron os Sonic Youth... ateigada de susurros elegantes e suxerentes... de emocións apasionadas...
4) Para sempre, "Ando como hormiguita", de Silvio Rodríguez. A mellor descrición da expresión máis íntima dos corpos...
5) "Light my fire", dos Doors. Hai pouco, repasando as letras desta mítica banda, decateime de que o amor e a paixón están omnipresentes nos seus temas... é dicir, é case imposible atopar unha canción que non fale do tema....
6) "There is a light that never goes out", dos Smiths... por que a sensibilidade me porá tanto?
7) "Something", dos Beatles. Incrible... transparencia, poesía, unha pluma que se pousa sobre a pel...
8) "Reptilia", dos Strokes. Ese sentirse allea a todo o que nos rodea...
9) "Take me out", de Franz Ferdinad. Toda unha declaración de intencións...
10) "Blizzard of 77", de Nada Surf. Emoción profunda...

quinta-feira, abril 12, 2007

VENTO DO NORTE

E se morre de sede e de fastío o paxaro que habita en hucha de cristal...?

segunda-feira, abril 09, 2007

O HOME DE FOLLA DE LATA