quinta-feira, fevereiro 23, 2006
segunda-feira, fevereiro 20, 2006
VAN SER MIL E UN
A xélida e correcta estatuaria... (oe, Barba Azul... eu son unha curiosa...), a comedida frialdade, as palabras curtas... na última estación xorden deliciosos xardíns de Hieronymous, paraxes afrodisíacos de desorde...
Navego por augas encharcadas de neve... vai frío neste meu derradeiro glaciar...
É clima hierático, obrigado e inconsciente... Mais comeza a derreterse en pingas de calor...
Vádesvos indo, misterios de altura anticristiá...
Andan mapoulas encarnadas sobre a area da praia... violenta claridade...
sexta-feira, fevereiro 17, 2006
V VISITORS
Recollendo o testemuño de Tongzhi, aí van os nosos Catro:
Catro localidades onde vivimos:
Laurindinha I:
Bueu-carretera da Iglesia
Bueu-Banda do Río
Vigo
Laurindinha II:
Bueu-carretera da Iglesia
Bueu-Banda do Río
Santiago de Compostela
Catro empregos que tivemos na vida:
Bolseira de 3º Ciclo
Profesora de Cursos de Galego
Profesora de Galego nunha Academia
Tendeira
----
Catro filmes que poderiamos volver ver:
Splendor in the Grass
The Last Emperor
La Canción de Carla
Clockwork Orange
Splendor in the Grass
Annie Hall
Cría Cuervos
Jules et Jim
Catro series de TV:
Doutor Who
Doctor en Alaska
V Visitantes
George & Mildred
V Visitantes
Granxeiro último modelo
Las Chicas de Oro
Aquellos maravillosos años
Catro lugares que visitamos de vacacións:
París
Londres
Lago de Constanza
Lisboa
Lisboa
Porto
Sevilla
Donostia
Catro sites que visitamos diariamente:
Tódolos links do noso blog (sempre que podemos)
Catro comidas favoritas:
Ovos encapotados
Rape á prancha
Marisco
Ensalada de arroz
Arroz con leite
Croquetas
Cogomelos
Amorodos con nata
Catro lugares onde prefeririamos estar:
Na praia
Sala Estarlux
Pub Camarú
Ruta
Praia de Lapamán no verán
La Habana
París
Barcelona
Catro albums que adoramos:
Waiting for the sun The Doors
Forever Changes Love
Calquera compilación de Chabuca Granda
Franz Ferdinand Franz Ferdinand
Gipsy Caravan Putumayo World Music
Calquera compilación de Amalia Rodrígues
Franz Ferdinand Franz Ferdinand
Live in Dublin Alan Stivell
Pasámoslle o testemuño a:
Muralla
Marinha de Allegue
Snob Neurótico
FraVernero
sábado, fevereiro 11, 2006
terça-feira, fevereiro 07, 2006
PEIXE ESPADA
só na brancura núa desa praia medran os réptiles...
se poidese arrincar un anaquiño de tempo, poría un pé tras o outro na singradura das letras... aquela tarde fora rodear a illa e os corais, os peixes de rocha, atravesar a praia de seixos. Antes de baixar á auga pedira un desexo... que ao regresar ti aínda estiveses alí... perfecto descoñecido.
Nalgún lugar da area... sementes profundas, letras que flúen, atrapáronte para sempre... atrapáronme -benvida á ultima estación-.
dáme ás de peixe espada e o vento que non se para
amores que non se contan
historias que non se falan
se poidese arrincar un anaquiño de tempo, poría un pé tras o outro na singradura das letras... aquela tarde fora rodear a illa e os corais, os peixes de rocha, atravesar a praia de seixos. Antes de baixar á auga pedira un desexo... que ao regresar ti aínda estiveses alí... perfecto descoñecido.
Nalgún lugar da area... sementes profundas, letras que flúen, atrapáronte para sempre... atrapáronme -benvida á ultima estación-.
dáme ás de peixe espada e o vento que non se para
amores que non se contan
historias que non se falan