sexta-feira, maio 19, 2006

ATLÁNTICO


Se o mar tivera varanda,
fórate ver ó Brasil...

sexta-feira, maio 12, 2006

DESEXOS DEBULLADOS


non entendes a miña linguaxe?
o infinito, a primavera e os bicos pequeniños na meixela...?
é unha historia de buscas (neuróticas pescudas). Ando na procura dun reloxo de man... de colmea, con música luminaria, e luces Debussy (en la Galette a vexetación bebe luz de día, de sol, de consciencia...)
es para min, nocturno... pero na caixiña de estralos das miñas ilusións, dos meus desexos... descansas entre moreas de margaridas medicinais, sempre na greguísima hora do xantar...

xa non es folla fílmica (foi certo que choraches?)... es unha marabillosa realidade imperfecta...

séguesme a debullar os sentimentos...

quarta-feira, maio 03, 2006

COBERTOR

Ás veces penso que a vida é un grande cobertor feito de retallos de distintas formas e cores... De cando en vez, algún anaco de tea queda atrás, sen coser, só ganduxado... ou pendurado da grande colcha... Mais, quizais, tempo despois, logres que o retallo acabe formando parte harmoniosamente do enorme labor...
Esta semana atopei varios retallos antigos e por fin os reincorporei ó cobertor... É unha sensación marabillosa...