sábado, abril 28, 2007
segunda-feira, abril 23, 2007
ESGRIMA

domingo, abril 22, 2007
quarta-feira, abril 18, 2007
MMMMMÚSICA

1) En primeiro lugar, a inesgotable "Creep" de Radiohead. Si, son unha romántica, e esta canción ponme moitísimo.
2) "Superstar", dos Carpenters... altamente poética... emocións luminosas...
3) A versión que do tema anterior fixeron os Sonic Youth... ateigada de susurros elegantes e suxerentes... de emocións apasionadas...
4) Para sempre, "Ando como hormiguita", de Silvio Rodríguez. A mellor descrición da expresión máis íntima dos corpos...
5) "Light my fire", dos Doors. Hai pouco, repasando as letras desta mítica banda, decateime de que o amor e a paixón están omnipresentes nos seus temas... é dicir, é case imposible atopar unha canción que non fale do tema....
6) "There is a light that never goes out", dos Smiths... por que a sensibilidade me porá tanto?
7) "Something", dos Beatles. Incrible... transparencia, poesía, unha pluma que se pousa sobre a pel...
8) "Reptilia", dos Strokes. Ese sentirse allea a todo o que nos rodea...
9) "Take me out", de Franz Ferdinad. Toda unha declaración de intencións...
10) "Blizzard of 77", de Nada Surf. Emoción profunda...