sexta-feira, setembro 30, 2005

NEVES

Cando a existencia contraeu un hábito coma o do amor, parece imposible que ese hábito poida romperse sen crebar asemade todos os demais resortes da vida.

(A dama das camelias, Alexandre Dumas)

quarta-feira, setembro 28, 2005

O DEUS DAS PEQUENAS COUSAS


atrapar tardes de papel perfumado... Pontevedra sabe a tardes de recreo -plátanos aromáticos con café-. Bañarse con xabón mazá, descansar arrolándose na noite que dorme, e ser constelación perfecta... Domingos de limón -vidros de fragancia-, as aves verbalizando son foulas de recendo, un arco con cereixas...
roubamos o carrousell da Concha -loce na alameda de patos acuáticos-...

e un papagaio vivo na memoria... (ovos de desexos)

INDEPENDENCIA

terça-feira, setembro 27, 2005

COLORÍN COLORADO


sulcamos a meseta con roupa de verán, sandalias de mazá e peras. Vallecas, Pacífico (oceanográfico castellano), Malasaña, Vía Láctea (Alaska calza tacón alto), e calor, abafante clima... Acudo madrugadora ao Prado, vestido azul de ondas e escuma. O metro, esa catedral das culturas, Madrid é unha célula enorme pero diminuta, Galiza é vento liberado, inmenso microespazo -afortunada-. Brasil, República Dominicana..., a traxedia tan preto de min, observo inmóbil sentada no metro -recordando Barrio, soño adolescente-; abro a porta a ese madrileño do norte, La hoja roja (Delibes, paseos á tardiña, parque periférico oxidado, busco El secreto de la arboleda, un barco de vapor, unha locomotora, unha maga que vive tras unha porta minúscula -entramos?-), Arqueolóxico grego, mesturamos a auga co viño. E quedamos en Tribunal cun estudante da Carlos III (Manuel, botarémoste de menos), calor abafante... Copelia (cadros escoceses, auga osixenada) e metro na Praza de España. Domingo no rastro, tarde en Sol -arabic tea-. E ceamos unha tortilla francesa, lemos os astros -gatos en agosto, Leóns felinos-... E viaxamos de regreso...
Exames na praia, Aquiles e Pentesilea en Lapamán. E 4 de Xullo, tras as escaleiras a facultade de pedra, consumo o primeirísimo ocio de verán, converso de cinema no vagón do tren cun pitxeleiro ávido de coñecementos... (xa viches Jules et Jim?)...
a area branquísima, a luz algodón, brillamos ciclopes derretidos. É unha illa no tempo, unha tarde de verán de maxia (elaborada na neve), un amor in extremis, a telúrica unión coa natureza que observa, memoria poética en Lapamán (brotan estrelas e vinilos das letras sementadas). Quedaban días inmensos por escribir... (lumínica estilográfica).
pechamos as tardes de verán, as noites quentes subsaharianas, corremos o telón do absurdo... (hoxe xa usei calcetíns calcetados -colorín colorado..., este verán queda clausurado).

sexta-feira, setembro 23, 2005

O GRUPO ESCOLAR


Setembro. Un cumpreanos con medias noites, queixo con chourizo e millo... a luz que esmorece, voces, silencio, calma absoluta aderezada con frío escolar. Imos ver as listas ao grupo, penduradas das fiestras vellas de ferro. A recolecta do material escolar... a confianza cega no deseño, a estética Holly-Hobbie (amigas con gorros de nube). O libreiro da Pontevedra gris convídame a vivir un desexo agochado: busco o meu proxecto estacional -ser unha Holly-Hobbie mentres poida-, vivir na burbulla de globo, vestir nube amora... E forramos os libros (paxaro tolo na EXB), e mercamos colores -sinxela nomenclatura escolar-, e mamá abre o arcón, a roupa de inverno, la, xerseis que pican, nenos elegantes sorbendo batido de amorodo (revistas de calceta), vestidos de la con peterpans -brancos con pintas de lama-. E soño o inverno, ideo un comportamento novo (nena de caramelo), boto a cabeza contra as costas, sinto o pelo medrar suave de princesa-, tomo baños de escuma, son a científica dun laboratorio de hixiene corporal... E penso que tal vez poida ver neve na escola... E na clase pintamos, moldeamos plastilina, lemos Lala pone la mesa, Lala toma sopa y zumo, Lala se baña, se lava la cara y la boca...
Pero pasan os meses..., a carteira escolar fica esquecida, pesa e molesta nas costas; a letra perde distinción, a chuva comeza a ser tediosa (xa non sempre cadra sopa quente para comer)... Xa non son unha nena de nube porque non me dá a gana. Protesto, poño cara de indignada -formamos unha comitiva anti-poliestireno (leo 50 cosas que los niños pueden hacer para salvar la tierra), e xa non son nena caramelo porque a todas non nos deixan, porque hai nenos que baixan do bus con carteira estragada, unhas cantas moedas para merendar, xerseis estirados, lentes enormes (nenos-persoa no entroido, cando os demais somos moros, indios, piratas e presidiarios)...



PRINCESAS


"El amor es eso... que vayan a esperarte a la salida"

(Princesas, de Fernando León de Aranoa)

RECÍBENSE VISITAS

quinta-feira, setembro 22, 2005

PÁNICO



Anda duérmete niño, que viene el coco, a comere los niños que duermen poco. Anda duérmete niño, duerme sin miedo, aunque silben los aires, gruñan los perros.
Anda duérmete niño, ea la nana, duerme duerme lucerito, de la mañana. En la puerta del cielo, venden zapatos, para los angelitos que están descalzos... (Popular; Trás-os-montes).

por que ser escrava das horas que pasan terribles? (mórrenme os desexos), -des-afortunada, inimiga da esperanza, descolorida sobre un arco da vella, xeada e derretida... (creación ficticia da palabra).
e tiven soños, anhelos... pero hoxe son ausencia (balneario en decadencia -auga con ras enormes, sapos da cor do brión, pixamas de botóns e raias absolutas-...), auga de cristal, desrealización... xa non son eu, entón... quen son?
metamorfoseándome, reinventándome... volver a empezar...

quarta-feira, setembro 21, 2005

MARY POPPINS

Achei nun folletín palabras de proveito:

"abonda que o nome dunha persoa que parecía que ía seguir séndonos descoñecido ou polo menos indiferente se pronuncie unha vez diante de nosoutros, para que ó redor dese nome vaian agrupándose pouco a pouco unha serie de detalles e oiamos a todos os nosos amigos falar de algo do que antes endexamais charlaramos. Entón descubrimos que esa persoa case nos estaba tocando" (A dama das camelias, Alexandre Dumas –fillo–).

terça-feira, setembro 20, 2005

SITUACIÓN LÍMITE


Siempre me ha sorprendido la dificultad que el ser humano tiene para soportar las molestias cotidianas y la valentía con que afronta las situaciones excepcionales (Josefina Aldecoa, Historia de una maestra).

segunda-feira, setembro 19, 2005

SABES COMO ME SINTO?



Impórtache? Eu síntome

como unha gata sobre un tellado de zinc quente...

( en efervescencia...)

deletreo tiritas, marco húmidos acentos encertados, pretendo te-la clave en sol (de verán imposíbel). É un estado plurisemántico (pero en "h"). Pétame falar agora. Tremelícanme os ollos -gata sobre tellado de zinc quente-, burning bed, burn it blue... -quéimame en azul se queres-. Perdoádeme por non ser gata de debuxo, de papel branco e tinta escura (bebida a grolos, bigotes simpáticos)... Alguén preguntou que é o que eu sinto?

HISTORIA DE UNA MAESTRA

Este libro de Josefina Aldecoa reflicte moi ben o espírito da II República. Moitos mestres loitaron por revolucionar o ensino e achegar a cultura ó pobo. As malas condicións económicas e o desprezo por unha profesión tan importante e tan útil para a sociedade..., o perigo que representaba (e representa) para os poderosos a cultura e a educación..., a fermosa inciativa que supuxeron as Misións Pedagóxicas (que emoción se transmite no discurso de presentación: achegar a arte á aldea, igualdade, as letras como ben prezado), o acto de valentía que supuxo retirar os crucifixos e a relixión das escolas (e agora que dá tanto medo). Ás veces unha novela é mellor que unha clase de historia (todo se comprende mellor cando te introduces na pel dun personaxe).

sábado, setembro 17, 2005

CIBERPUNK

sexta-feira, setembro 16, 2005

NO CÍRCULO POLAR


Atopeite círculo polar, espléndido, intenso e perdurábel. Estrangulábel atisbo da desgraza (sol e amoras). Unha casa grande, unha bata antiga: máis ansia, máis auga. E invasións irrompen, é a obsesión tráxica. Unha casa grande, un silencio calculábel vello pero oculto -un anxo derramándose polos ceos, po espúreo-. Premendo a tarde de calor, o verán inabarcábel, temido, incontrolábel... E a idea, a noite... (son as culpables?). Foi un estado, unha estancia no tempo... mais é bordado (enfiado). E volve, peta, doe... Mais fico calada, estraña... Por un instante no tempo, volvo ser súa, da casa grande e da noite eterna, da novela amarga, da bata vella... (ti es a coincidencia).

quinta-feira, setembro 15, 2005

OS GOZOS E AS SOMBRAS

Seguindo nesta homenaxe a un tempo e un espazo (o Bueu dos anos 20 e 30), remítome a unha obra senlleira da literatura española: Los gozos y las sombras .
Coido que esta novela de Torrente Ballester non foi suficientemente estudada en relación ó retrato dunha vila e duns personaxes reais. Nela está o dono indiscutible do Bueu daquela época, un Gaspar Masso que era á vez home do seu tempo (creador do museo actual, mecenas de artistas, seguidor da tecnoloxía e as artes do marketing) e señor feudal. Nela está Juanito dos Santos, o tolo máis cordo da vila e compañeiro inseparable de homes da cultura como Castroviejo. Nela está maltratado e mal retratado (traizón inexplicable de Torrente Ballester) Johan Carballeira, que só se albisca na súa loita polos mariñeiros (conseguiu un prezo fixo para a sardiña sendo alcalde) e na súa pertenza a unha rama da fidalguía vida a menos da vila; aínda que quizais a súa persoa se desdobre en dúas e tamén forme parte dese médico culto e reflexivo que tan ben interpretou Eusebio Poncela na non tan boa adaptación televisiva. E nela están alcumes (a Rucha, etc.) e lugares comúns do Bueu da época.
Nela, en fin, aínda pervive un Bueu que o mal gusto e o interese político e económico están facendo desaparecer (remodelación nefasta do pazo da familia de Johan Carballeira, terribles casetas para os mariñeiros no peirao, perda da praia de Pescadoira no centro da vila por mor da ampliación do peirao, deterioro do emblemático lugar da Praia de Beluso e perda parcial da praia por mor dun peirao "deportivo", derrube da fábrica de Massó, perda de varias vivendas emblemáticas do centro da vila, remodelación de rúas que máis ben parece que levan 20 anos feitas polo seu estado...).
En fin... sempre nos quedará a literatura.

terça-feira, setembro 13, 2005

DOCTOR EN ALASKA


Liberdade, orixinalidade, escavacións subterráneas, neve, alces, reindeer, o subterfuxio da fantasía, serenidade, o convencionalismo fracasado (cosmonautas terrestres, locutores salvaxes e eruditos, doutor rosmón, indio intelixente e cinéfilo, un trasgo que foxe da maxia e emerxe no real, a tenda da tranquilidade, a inuit sensata...).
Na adolescencia, devecía por Ed (sangue india, cultura e ruptura das convencións: chegar á esencia, ó goce da natureza, do misterio).

VOLVES MY COCO NIGHT?



De novo sol e praia... É a tregua que agardaba, o sol con uvas, os acios apañando area, as palmeiras e o coco aromático (in the cold cold night). O verán foi de novo unha noite subsahariana, inesquecíbel e incomprensíbel... pero sobre todo interminábel, porque o sol volve a presidir o día no paraíso di atlántico.

domingo, setembro 11, 2005

"VAS A VER QUE LOS PECES PUEDEN VOLAR..."





Éramos transparentes, éramos transparentes los dos, como el agua de la lluvia que golpea la ventana. Éramos tan fuertes, éramos tan fuertes los dos, que creímos que nada dolía, que creímos que no moriría, donde fue todo eso a parar, cuándo se empezó a estropear?

Quiero ser inocente, prácticamente inconsciente, para creer que podría tenerte a mi lado eternamente...

Éramos tan perfectos, éramos tan perfectos tú y yo, que apostábamos, y jugábamos a parecer como el resto. Éramos tan valientes, éramos tan valientes tú y yo, que retamos al mismo diablo, a atreverse un día a separarnos, donde fue todo eso a parar, cuándo se empezó a estropear?

Fangoria

sexta-feira, setembro 09, 2005

FEDERICO RIBAS EN BUEU


Federico Ribas pasaba os seus veráns en Bueu nos anos 30. Daquela reuníanse na vila varios intelectuais: Rómulo Gallegos (autor de Doña Bárbara e exiliado naquel entón de Venezuela), Maruxa Mallo, Castelao e Johan Carballeira, destacado xornalista, poeta e alcalde da vila no 36 polo PG.
Federico Ribas alugou varios veráns unha casa con bufardas fronte ao mar no centro de Bueu (as nosas gatas pasean polos seus tellados) e finalmente mercou unha vivenda en Beluso.
O golpe de estado do 36 sorprendeuno en Bueu (xullo nesta vila é calidez oceánica). Logrou fuxir a Buenos Aires; o seu amigo Johan Carballeira non tivo a mesma sorte.

FEDERICO RIBAS

O ilustrador galego, o publicista dos inicios da arte (deseñador de Gal, xabróns selectos), o artellador da cor, o cidadán dos trinta (era un tempo de esperanza), o que pasaba tempadas en Bueu e ollaba o mar dende esta ventá (bufarda de liberdade)... E o que tivo que fuxir aló polo 36... (América acolleuno baixo as súas ás, exilio perdido).

AMARNOS


Feira das mentiras, cadro escenográfico de ficción, a vida vólvenos uns soñadores. Anhelar, finxir, sobreactuar (algúns), volverse especial... Trazamos con esmero caracteres imposibles, elaboramos a migalla aparente... É a pose necesaria para ser alguén: un león, un bandoleiro, unha formiga, un economista facendoso, un príncipe encantado... a liña do trazo non tensa ben, vacila de cando en vez; no outro estrado a loucura, o delirante mundo dos habitantes do extra-radio, o puntilloso movemento cerebral..., a dor inexplicábel.
Deixar saír o grande anhelo, vivir o imprevisíbel, -eu dente de león, eu quero ser coma ti:
amar cando é posíbel amar de verdade-.

quinta-feira, setembro 08, 2005

A UN XEÓGRAFO ILUSTRE


-¿E que é un xeógrafo?
-É un sabio que sabe onde se atopan os mares, os ríos, as cidades, as montañas e os desertos.
-Iso é moi interesante- dixo o Principiño. -¡Por fin, un verdadeiro oficio!-.

quarta-feira, setembro 07, 2005

CAFÉ CON LEITE

terça-feira, setembro 06, 2005

LIBROS


Cando da colección de El barco de vapor ou da de Alfagura pasei á lectura de libros para adultos houbo un primeiro libro, unha primeira viaxe. Sinto recoñecer que non se trataba dun grande clásico, nin dun grande libro a secas, mais para min foi algo distinto porque era o primeiro libro co que me sentía adulta, maior... Non me recoñezo nada posesiva nin conservadora, pero fixen aquel libro "meu" dun xeito bastante incontrolado. Vertera nel tantas cousas miñas, as personaxes eran tan propias que non podía oír falar del por persoas que non o "entendían" como eu o "entendía". Tiven que resignarme a ser unha lectora máis, aínda que a miña síndrome foi catalogada durante unha clase de literatura pola profesora, recoñecendo o meu sufrimento e compadecéndose incluso de min. Dende ese día cada libro é para min un estado, unha situación vital... Aquí vos deixo, a biblioteca agarda por min.

segunda-feira, setembro 05, 2005

MORRE O VERÁN


Desaparece a tardiña de pastas e té á beira do Támesis... Alicia medra a través de vimbios, follaxe profunda, verde de chisteira, cerámica curvilínea, vidro azul mariño... Na estancia un anaquiño de ceo para lamber, se chove un paraugas cuadriculado, voluptuoso... E botas de goma para ser peón sobre a pedra numerada.
(chegar a casa, oír a choiva viaxar, comer galletas -tres- sobre leite oceánico...) Louis Armstrong bebe neve de Belvís.

sábado, setembro 03, 2005

POR QUE ESTÁ TRISTE SUZON?

sexta-feira, setembro 02, 2005

OS SUPERSÓNICOS



Entre o neboeiro e a area mollada

quinta-feira, setembro 01, 2005

CALDELAS

Caldelas, camelias, Gaxate, O Seixido, as dúas casas fermosas sobre a ponte (tellas verdes, azulexos do Brasil), o mundo vello de Forzáns, e Anceu xorde como bolboreta diúrna (galerías de pracer, palmeiras sombrizas), Avión no que habitan visitantes de ultramar, A Lama, o Pelete, os Prados, Pigarzos, e as Ermitas en agosto con fontes de sete menciñas antigas, e as rancheras (ilusión de nena), e Guende abre as súas ás, e Augasantas, e o tremor das plantas de alén mar (Doade milagreiro).

PRIDE AND PREJUDICE

Jane Austen foi pioneira ó seu xeito, feminista nos inicios... As mulleres das súas novelas pensan, permítense opinar, son intelixentes...
Acaba de ser publicada en galego unha das súas novelas máis coñecidas: Orgullo e prexuízo. A colección "As letras das mulleres" é un pequeno tesouro.

OCÉANO

CESARIA ÉVORA


Outono caboverdiano en Compostela. Cesaria na cidade de pedra...
O xoves 10 de novembro estará a voz de Cabo Verde no Auditorio de Galicia... entre as castañas e o cineuropa...
Mentres tanto, en Bueu, últimos días do paraíso di atlántico, do sol amábel, da praia deserta...

Paraiso di atlántico

Cabo Verde é um arv´frondoso
Sumnho´d na mei d´Atlántico
Sés rama espaiode
Na mund inter
Cada folha é um fidjo querid´
Parti pa longe pa ventura´
Pa´um futur mas feliz e dignidade
Nós gent é um povo unid
Na paz e morabeza
Cabo Verde nos cantinho querido
Berço de amor e sodade
Paraíso di Atlántico